APPS


Se che gusta reciclar, a natureza, e en definitiva a ecoloxía aquí vos deixamos unha serie de aplicacións para móbiles que non podes deixar pasar a oportunidade de descargar e utilizar, cada unha é diferente e trata dunha cousa distinta polo que pode deixar satisfeitas moitas das túas necesidade ... #pensaenverde


Desembasura: Esta  app permite ao  usurario pasar da indignación ao ver un residuo abandonado na súa rúa, un río, un bosque ou unha praia, á acción -aínda que esta pareza un xesto sinxelo e sen importancia-“marcándoo” e contribuíndo así a construír o primeiro mapa de puntos sucios que existe ata a data.

Desde verteduras ilegais de maior importancia ao lixo da esquina dunha rúa de barrio, a participación cidadá axuda a evidenciar o problema, e sobre todo, a promover solucións. “Todos podemos  desembasurar”


Waterprint: dispoñible para  IOS calcula canta auga necesítase para cada unha das túas actividades fácil e moi rápido, desta forma poderás tomar mellores decisións á hora de utilizar a auga para algunha actividade. Esta aplicación é a primeira do seu tipo, cunha interface clara e fácil de usar.


My Recycling App conta cunha versión en español. O súa lema non pode ser máis claro: Recicla, Reduce e Reutiliza. Nesta aplicación atopanse ideas para reutilizar materiais que teñas en casa dunha maneira moi fácil e moi amena grazas aos titoriais que aquí che proporcionan.


Plume  Air  Report Esta  app proporciona en tempo real os niveis de contaminación nunha área concreta e prognostica como evolucionará a calidade do aire cada hora durante as seguintes 24 h, de maneira similar a un prognóstico meteorolóxico. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario