A fin de semana do 9 de agosto, a Asociación Cultural Ecolóxica A Fraga do Rei estivo nas festas de Santa María de Vigo, Cambre.
Gozamos da comida, a música e o ambente de verbena, pero ademáis a Asociación quixo achegar o seu granito de area para concienciar que hai pequenos detalles que axudan á conservación do noso planeta.
Este é o primeiro ano que a Comisión de Festas apostou polo uso de servilletas de papel reciclado, pratos compostables e preparáronse diferentes contedores para a clasificación do lixo. E seguro que non será o último.
Grazas a todos os asistentes pola súa colaboración e esperemos que outras Comisións de Festas sómense a esta iniciativa.
Tamén botamos unha man á Comisión de Festas. 😉