30/07/19

Participando na IV edición do Galaicoi no Concello de Cambre


Galaicoi: festa no castro de Cambre para representar a loita do pobo castrexo na Idade de Ferro fronte ao exército romano. E todo para conservar o territorio e a cultura propia dun pobo, tan importante para a supervivencia.



No século XXI seguimos loitando polo mesmo pero, alén diso, debemos facelo por algo máis: o noso planeta e todos os seres vivos que nel vivimos; e para iso é importante concienciármonos da necesidade de non destruír as nosas fragas, coidar os nosos ríos e conservar a biodiversidade. 



Por iso, o vindeiro ano deberiamos intentar non deixar pegada da nosa presenza no castro e, como xeramos lixo, dispor de colectores diferenciados para podermos reciclar correctamente o vidro, o plástico e os restos orgánicos



Estaría ben que dende o Concello de Cambre se animase á xente a non acudir á festa con materiais plásticos dun só uso. 

Algo sinxelo verdade?

NOTA: Agradecemos á Asociación da Veciñanza de Santa Mª de Vigo a invitación a participar xunto con elas neste evento. Parabéns.

+ Fotos:


 


Directiva Asociación Cultural A Fraga do Rei