En Santa María de Vigo (Cambre) hai unha fraga chamada A fraga do rei.
Un día chegou á miña vida a fraga do meu avó e con ela moitas ganas de aprender, de coidar, de pasear, de descubrir e de dar a coñecer os seus tesouros, para que sexamos moitas as mans que a COIDEMOS. A base de paseos e visitas, apareceron ante os meus ollos animais que nunca vira, árbores inmensas que sabían os segredos da aldea, plantas que curaban e floriñas ventureiras.
Deses paseos xurdiu a Asociación A Fraga do rei, que é un dos nomes que ten a fraga, e así naceron cancións, poemas, contos e o soño de atopar máis xente que queira coidar tamén das fragas dos nosos avós, da fauna que se agocha nelas, da flora… (Gloria Mosquera, Mamá Cabra)
O domingo 15 de decembro estaremos na feira de Cambre de 12:00 -14:00 presentando a veciñanza, a Asociación Cultural e Ecolóxica A FRAGA DO REI.
Haberá 2 talleres:
- Bombas de sementes: Estará con nós AMADAHI acompañándonos co seu proxecto de escola e natureza.
- Decoración de camisolas con follas. As camisolas necesitades tráelas vos. Estaría ben que foran camisolas blancas e usadas, as que queirades darlles unha segunda vida. HAI QUE RECICLAR, REUTILIZAR E GASTAR MENOS….
E para amenizar a maña teremos a Tomi e a Gloria do grupo de música Mamá Cabra, cantando as cancións do seu último CD-Libro A fraga do meu avó.
#salvemosasnosasfragas